Onte o alumnado de primaria do CEIP de Ponte Sampaio participou
nun obradoiro de Lingua Forza 3proposto polo Gabinete de Normalización
Lingüísitica do Concello de Pontevedra.
Lingua
Forza 3 é unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística,
deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas
os rapaces e rapazas tiveron que empregar as súas destrezas de traballo en
equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Os
monitores foron enfiando todas as probas coa posta en escena e narración
dramatizadas.
•
Obxectivos:
- Dinamizar o uso da lingua galega na infancia
a través do xogo e do traballo en equipo.
-
Promover o xogo en galego: xogos tradicionais e xogos novos.
•
Contidos xerais (adaptados a cada ciclo):
1.
Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e
motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en
círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co
currículo de educación física. Distribución do grupo en tres subgrupos.
2.
Feirón con tres probas rotatorias: Proba de habilidade física, lingüística e
mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral; proba
de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se
traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física, e
proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e
construción de palabras escritas correctamente en galego.
3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do
noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas; traballará
habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta
fundamental.
Neste
obradoiro participaron os tres ciclos de primaria e a duración foi de 90
minutos.
Realizouse
ximnasio e foi impartido por Xandobela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario