Buscar neste blog

martes, 23 de maio de 2017

Obradoiro Díxome, Díxome

O pasado venres día 18 de maio tivemos no colexio o obradoiro Díxome, Díxome subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
É unha xincana literaria de tradición oral para os nenos/as de 1º e 2º ciclo de educación primaria.
 As probas desta xincana axudaron a descubrir o noso patrimonio e tradición oral: refráns, trabalinguas, romances e cantares de cego, cantigas, xogos lingüísticos..... Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que superar distintas probas de maneira cooperativa e rotatoria da man da “Brigada do Saber Perdido”. O formato e a presentación da actividade foi común aos dous ciclos de primaria, aínda que variaronn as probas, a dificultade e os contidos lingüísticos.
Os obxectivos eran:
- Dinamizar o uso do galego na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en lingua galega: xogos tradicionais e xogos novos.
E os cntidos xerais:
1. Recibimento. Explicación en círculo da sesión. Distribución do gran grupo en tres subgrupos e presentación dramatizada para contextualizar a presenza e motivar a participación.
2. Feirón con probas rotatorias que axudan a descubrir o noso patrimonio tradicional oral: refráns, trabalinguas, romances, cantares de cego...
3. Proba definitiva entre os tres grupos e resolución da xincana.

 A duración foi de 90 minutos e foi impartido por Xandobela




sábado, 13 de maio de 2017

Obradoiro Lingua Forza 3


Onte o alumnado de primaria do CEIP de Ponte Sampaio participou nun obradoiro de Lingua Forza 3proposto polo Gabinete de Normalización Lingüísitica do Concello de Pontevedra.
Lingua Forza 3 é unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Os monitores foron enfiando todas as probas coa posta en escena e narración dramatizadas.
• Obxectivos:
 - Dinamizar o uso da lingua galega na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en galego: xogos tradicionais e xogos novos.
• Contidos xerais (adaptados a cada ciclo):
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física. Distribución do grupo en tres subgrupos.
2. Feirón con tres probas rotatorias: Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral; proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física, e proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
 3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas; traballará habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.
Neste obradoiro participaron os tres ciclos de primaria e a duración foi de 90 minutos.
Realizouse ximnasio  e foi impartido por Xandobela.




venres, 5 de maio de 2017

Obradoiro de Xoguetoloxía

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º do CEIP de Ponte Sampaio participou nun obradoiro de Xoguetoloxía proposto polo Gabinete de Normalización Lingüísitica do Concello de Pontevedra. Tratouse dun obradoiro de construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais: birlos, peóns, boliches, papaventos… que tiña os seguintes obxectivos: - Promover o uso da lingua galega asociada ao xogo e á creatividade. - Aprender a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos. - Fomentar a creatividade e a autonomía. Deste xeito os nenos/as estiveron traballando o pensamento diverxente e observando como con materiais pobres se podían facer grandes cousas, polo que nun primeiro momento, viron distintos materiais e houbo unha pequena chuvia de ideas sobre que uso alternativo se lles podía dar, e logo cada neno/a construíu o seu enredo para poder levar a casa. Así, o noso alumnado xogou e experimentou coa súa ra corredora e logo fixeron carreiras con elas e agora aseguirán gozando e traballando na casa.