Buscar neste blog

sábado, 17 de xuño de 2017

Letras Galegas 2018

O día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. A decisión adoptuse no pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña.
Preme na imaxe para acceder a máis información 
E con esta frase emblemática do seu libro anagnórise empezamos a facernos eco da súa traxectoria:
"As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos"


Emisións de Onda Cero

O venres 19 de maio a radio Onda cero veu gravar o traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria logo da visita á lonxa de Arcade. En pequenos grupos foron lendo anacos dos textos que elaboraron na aula e fixeron unha gravación moi profesional.
A emisión das gravacions que se realizaron comezarán o luns 19 de xuño de ata o venres 23 a partir das 11:50 da mañá, aproximadamente.

Preme na imaxe para acceder ao audio do programa

Letras Galegas 2017

E unha vez rematada a conmemoración do Día das Letras Galegas 2017 facémonos eco aquí de algunhas das actividades que levamos a cabo nas aulas, no colexio e no noso contorno co fin de dar a coñecer a figura de Carlos Casares.
O primeiro que fixemos foi poñer á disposición do noso alumnado e das súas familias toda a bibliografía da que dispoñíamos de Carlos Casares e proceder á súa lectura nas aulas.
Fixemos diversas actividades na aula sobre a súa vida e obras.
Decoramos as portas do colexio para a ocasión.
Fixemos marcapáxinas para o alumnado, familias e contorno que recollía información sobre a súa biografía e diversos debuxos feitos polo alumnado para a ocasión (non dabamos escollido, así que fixemos distintas opcións).
Fixemos unha pequena escolma biográfica para todas as idades que deixamos recollida na Voz do Verdugo número 6.
Fixemos unha adaptación de Lolo anda en bicicleta grazas ao alumnado da biblioteca, que logo levamos á escena no noso centro e na escola infantil A galiña azul e o centro de día Boas apertas.
Levamos tres obradoiros subvencinados polo Concello de Pontevedra para dar a coñecer ao noso alumnado a figura de Carlos Casares e outros aspectos da nosa cultura.
No Bibliopatio tamén xogamos, lemos e compartimos sobre Carlos Casares.
E lomos contos, moitos moitos contos...
E falamos moito, pero moito sobre a súa vida e obra de escritor, xornalistas...

martes, 6 de xuño de 2017

A Voz do Verdugo número 6

Deixámosvos o número 6 da Voz de Verdugo difundido entre o noso alumnado no mes de maio de 2017 co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares.
Gozade da lectura.