Buscar neste blog

mércores, 28 de abril de 2021

DÍA DA PAZ

 Boas a tod@s!

O Día da Paz do 2021 estivo centrado no proxecto deste curso no colexio, e levou por lema "Viaxando por un mundo en PAZ"

Para celebralo, todo o alumnado do colexio adicou un vídeo a un premio Nobel da Paz, que podedes ver a continuación:

 

Tamén aprendemos a canción "Tutira Mai Nga Iwi" de Nova Zelanda, da que vos deixamos a letra:

"TUTIRA MAI NGA IWI

TATOU TATOU E

TUTIRA MAI NGA IWI

TATOU TATOU E

WAHIA TE MARAMA TANGA

META AROHA

NGA IWI

KIA TAPA TAHI, KIA KO TAHI RA

TATOU TATOU E"


NADAL

 A situación de pandemia por Covid-19 impediunos celebrar o tradicional festival de Nadal e panxoliñas, mais non puido co concurso de postais que, coma sempre, estivo moi reñido. 

Deixámosvos as postais gañadoras:

Tamén podedes consultar na web da Biblioteca: BIBLIOPINCO as recomendacións lectoras para estas festas. Botádelle un ollo, e ata o ano que ven!

25 N

  A nosa escola é un lugar comprometido coa educación en valores, igualitaria e que rexeita por completo calquera tipo de violencia. Non podía ser doutra forma xaquelogo, que como cada curso se realizaran numerosas actividades que lle deran visibilidade ao 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. 

Deixámosvos 2 murais realizados polo alumnado do centro: