Buscar neste blog

martes, 21 de xaneiro de 2020

Magosto de CINE

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio participou no tradicional magosto escolar que celebramos todos os anos.


Mentres o conserxe e os mestres preparaban as castañas asadas, os nenos/as realizaron diversos xogos populares deseñados especialmente para esta actividade. 

 

Para superar as diversas probas os rapaces e rapazas empregaron as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física e mental. Os mestres e as familias foron guiando todas as probas.


Despois dos xogos populares houbo unha degustación de castañas asadas e para rematar tiznáronse as caras con restos negros de cinza.


Por último, repartíronse diplomas de agradecemento ás familias colaboradoras...

 

 ...e entregamos os premios aos gañadores/as do concurso de cabazas do Samaín.

 


Deica a próxima!
Moi boas amig@s! Aquí estamos de novo para contarvos como foi a gran festa do Samaín do noso cole. 

A celebración comezou cunha actividade de contacontos de medo, organizada pola ANPA Virxe do Carmen.

Tamén, varios grupos formados por nenos e nenas de diferentes cursos, realizaron os seguintes talleres e obradoiros:
  • Un obradoiro de cociña, no que se elaboraron vasoiras de bruxa e caras de monstros.
  • Un obradoiro de maquillaxe no que os nenos e nenas pintaron as caras de bruxas, cabazas, esqueletos, morcegos...
  • Un taller de contos de medo no que cada un/unha deu renda solta á súa fantasía.
  • Un obradoiro de manualidades de medo.
  • Un obradoiro de curtas de cine de medo, aproveitando o proxecto do colexio deste ano.
  • O túnel do medo, que por sexto ano consecutivo fixo tremer de medo a todo o alumnado, dende os máis pequenos de infantil ata os maiores, que atopaban no seu decorrer un cemiterio, criaturas terroríficas, esqueletos, pasadizos...
  • A festa do medo, na que actuou o alumnado do centro con bailes, poemas en galego, español e inglés, contos de medo, conxuros...
  • Unha exposición de cabazas que realizaron nas súas casas con axuda das familias.
  • Tamén durante a festa, coa axuda do profe de música, cantamos todos xuntos un antigo éxito musical e xa popular no noso centro: “A pantasma de Vilar”
Algunhas fotos:




A celebración tivo a súa publicación na prensa:

NOVA

A gran festa tivo lugar o pasado 30 de outubro e foi todo un arrepiante éxito. Ata o ano que ven, SAMAÍN!

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN!


Con este atractivo titular damos comezo ó noso proxecto de centro para o curso 2019/2020, que nesta ocasión vai adicado ao cine.

Xa dende o primeiro día de clase, extendeuse unha gran alfombra vermella e escintilaron as luces para dar a benvida no novo curso aos protagonistas: alumnado, profesorado e a toda a comunidade educativa.

Ademais, unha gran figura do internacionalmente coñecido “Óscar” de Hollywood presidía a entrada do colexio o pasado mes de setembro.

A orixinal inauguración do curso escolar, foi publicada tamén en prensa:

NOVA

LUCES, CÁMARA e... ACCIÓN!