Buscar neste blog

venres, 30 de outubro de 2020

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

 BO DÍA A TOD@S !!

Hoxe no CEIP de PONTE SAMPAIO celebramos o SAMAÍN!

Unha tradición que se remonta á época dos antigos celtas, que poboaron as nosas terras fai mooooitos anos. Eles crían que a época "escura" do ano comezaba neste momento. 

Dende o cole queremos deixarvos un pequeno tríptico con información acerca desta tradición na que o alumnado do colexio vístese coa roupa de medo que máis lle gusta. 

Pronto publicaremos as fotos!

SAÚDOS!!


luns, 18 de maio de 2020

PONTE NOVAS! -16ª Edición-

MOI BOAS A TOD@S!
ESTAMOS DE FESTA! Como cada ano, o CEIP de Ponte Sampaio únese á celebración do día máis importante da lingua galega, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 de maio. 
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero. 
Carballo Calero, sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Podedes atopar máis información premendo na súa FOTO.
Por outra banda, aquí vos deixamos os carteis creados por centros de educación primaria para conmemorar este día tan especial: 
Ata pronto!!

venres, 15 de maio de 2020

PONTE NOVAS! -15ª Edición-

BOAS A TOD@S!
Dende o CEIP de Ponte Sampaio queremos desexarvos a todos un feliz DÍA DA FAMILIA. 
O Día Internacional da Familia, foi proclamado pola Asamblea General das Nacións Unidas en 1993, e celébrase cada 15 de maio. 
Trátase de facer constar a importancia que a comunidade internacional lle confire á familia, como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.
Desexamos que nestes días de corentena por mor da pandemia do Covid-19, as familias da comunidade escolar do CEIP de Ponte Sampaio estean máis unidas que nunca. 
ÁNIMO!


venres, 1 de maio de 2020

PONTE NOVAS! -14ª Edición-

BOAS A TOD@S!
Hoxe da comezo o mes de maio, chamado o mes
das flores. Debido á corentena este ano non podemos construir o noso maio nin celebrar a correspondente festa, mais aquí estamos para lembrar o ben que quedou noutras ocasións gracias á colaboración de todo o alumnado do centro:






Aquí tendes outros exemplos de maios ben fermosos:



Por outra banda, as boas noticias sobre o coronavirus continúan, e o número de enfermos e mortos continúa descendendo. Moito ánimo a tod@s!

xoves, 23 de abril de 2020

PONTE NOVAS! -13ª Edición-

MOI MOI BOAS A TOD@S!!
Hoxe traemos moi boas novas!!
Comeza o fin da corentena! O vicepresidente do
Goberno anunciou hoxe que os nenos e nenas menores de 14 anos poderán SAÍR DAS SÚAS CASAS a partir deste DOMINGO 26 de ABRIL.
Como era de esperar, existen certas normas para saír de casa:
  1. Haberá que saír acompañados dun adulto, (pais, irmáns maiores ou titores legais). 
  2. O tempo máximo que se pode saír ao día será de unha hora entre 9.00 da mañán e as 21.00 da noite.
  3. NON se poden manter reunións con outros nenos que non sexan da familia
  4. Cada adulto poderá saír da casa cun máximo de 3 nenos/as 
  5. O tempo poderase empregar para pasear, xogar ou facer exercicio, pero NUNCA para facer uso de parques nin zonas infantiles.
  6. Evitar tocar superficies que poidan derivar en novos contaxios.
Lembrade, e isto é moi importante, que aínda que o goberno permita comezar a saír pouco a pouco, a batalla co virus aínda non rematou, así que respectade as normas para evitar un novo brote de contaxios e ter que volver a empezar o confinamento. 
GRAZAS A TOD@S E MOITO ÁNIMO!!

venres, 17 de abril de 2020

PONTE NOVAS! -12ª Edición-

BOAS A TOD@S!
O Museo de Pontevedra presentou unha
interesantísima proposta na súa páxina web chamada "O museo en familia".
Nela atoparedes actividades moi interesantes para realizar en familia neste tempo de corentena. 
Dende o colexio, gustaríanos propoñervos a seguite: Orixinal ou copia? na que teredes que atopar 10 diferencias en fotos de varias obras de Castelao. Sodes quen de atopalas todas?
-->PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á ACTIVIDADE<--


venres, 10 de abril de 2020

PONTE NOVAS! -11ª Edición-

BOAS A TOD@S!
Hoxe traemos de novo unha boa nova, pois
España rexistrou no día de onte a maior baixada no número de mortes por Covid-19 no país, cun total de 685. 
Por suposto, aínda son moitas persoas, pero non os case 900 falecidos de hai un par de días. 
Esta nova nos da azos para crer que nos aproximamos ao inicio do cambio da curva de contaxios. 
Gracias a todos e todas por seguir así, e moito ánimo!

xoves, 2 de abril de 2020

PONTE NOVAS! -10ª Edición-

BOAS A TOD@S!
Hoxe propoñémosvos un XOGO.

Para levar a corentena de forma amena é aconsellable variar as actividades que facemos a diario. 
Debido a isto, a Deputación de Pontevedra pon en marcha unha proposta chamada #AVESDESDECASA, en colaboración con SEO Birdlife. Propoñen ás familias un xogo consistente en crear na familia un caderno de campo no que debuxar as especies de aves que se avisten dende as fiestras e balcóns.
Para facilitar a observación a Deputación editou unha ilustración que da a coñecer as especies máis comúns de paxaros que se poden avistar en Pontevedra. 
E vós... Cantas atopades??
Ánimo!

martes, 31 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -9ª Edición-

BOAS A TOD@S!
Hoxe traemos unha mala nova, pois aumentan os
contaxios e falecidos na área sanitaria de Pontevedra. En concreto os falecidos ascenden a 8 e os contaxios aproxímanse a cuarta centena cun total de 366 positivos rexistrados.
As autoridades e os profesionais sanitarios insisten en que sigamos cumprindo a corentena para notar, esperamos xa que dentro de pouco, unha mellora nestas tráxicas cifras. 
Coma sempre, deixámosvos a fonte de onde se extraiu esta nova (Xornal dixital Pontevedra Viva)

Coidádevos moito!

sábado, 28 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -8ª Edición-

BOAS A TOD@S!
ÚLTIMA HORA!!
O Goberno paralizará a actividade non fundamental entre o 30 de marzo e o 9 de abril. Esta medida trata de provocar un descenso masivo do tránsito pola rúa, (similar ao que se rexistra as fins de semana), para que o número de infectados e de persoas graves nas UCIS dos hospitales do país descenda ó máximo posible. 
Debemos ter en conta que a día de hoxe, 28 de marzo de 2.020, España rexistra máis de 72.000 contaxiados, 5.690 mortes e 12.285 recuperados de Covid-19.
Dende o CEIP de Ponte Sampaio pregámosvos que continuedes cumprindo as recomendacións e as normas establecidas. E lembrade, irónicamente...
CANTO MÁIS AGUANTEMOS EN CASA, ANTES SAIREMOS!
MOITO ÁNIMO!!!

venres, 27 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -7ª Edición-

BOAS A TOD@S!
O xornal dixital Galicia Confidencial, ben de
publicar recentemente na súa sección científica unha interesante nova acerca da protección facial para combatir o Covid-19.
Trátase dun estudo realizado pola Universidade de Weimar (Alemaña), que adxunta un vídeo no que se pode apreciar con bastante claridade a diferenza que hai ao tusir ou esbirrar protexendo a cara con diferentes métodos. Os resultados non deixan lugar a dúbidas: esbirrade no brazo e poñede mascarillas!

Deixámosvos o enlace á nova e o vídeo en cuestión. 
Ánimo!
Abstand halten! – Wie sich Atemluft beim Husten verbreitet. Ein Experiment der Professur Bauphysik. from Bauhaus-Universität Weimar on Vimeo.

martes, 24 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -6ª Edición-

HOLA A TOD@S!

FALAN DE NÓS OUTRA VEZ! 

O programa A tarde da RTVG, a cargo de Antón Rebollido, recolleu as actividades que está a levar a cabo o colexio neste tempo de corentena. 
Para completar a información, entrevistaron á profe Silvia, que recordou algunhas rutinas diarias moi proveitosas para estes días en casa: crear bitácoras, afondar nos hábitos de hixiene, ler e escribir contos, facer exercicio físico e de relaxación, cociñar, xogar con crebacabezas, cantar cantigas, e moitas máis!
Deixámosvos aquí o vídeo co extracto do programa. Saúdos!

sábado, 21 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -5ª Edición-

BOAS A TOD@S!

E hoxe si que son boas novas! Danlle a alta hospitalaria ao primeiro paciente infectado con Coronavirus no Complexo Hospitalario de Pontevedra!
Trátase dun home de 45 anos que estivera en Madrid por cuestións de traballo, onde se sospeita que foi contaxiado. O paciente ingresou grave no servizo de Neumoloxía e tras recibir o tratamento correspondente xa non da positivo na proba de Covid-19, polo que pode marchar para casa. Noraboa a el e a todo o servizo médico!! Algúns deles o celebraron coa seguinte foto:
Membros do equipo sanitario celebrando a primeira alta por Coronavirus en Pontevedra
Fonte e nova completa: Pontevedra Viva

PONTE NOVAS! -4ª Edición-

BOAS A TOD@S!

Onte comezou oficialmente a primavera! Xa sabedes, a época do ano na que o clima comeza a ser máis agradable, florecen de xeito fermoso as plantas dos campos e cantan os paxaros ledas melodías. O periodo de corentena non pode ser impedimento para disfrutar deste máxico momento do ano, polo que dende PONTE NOVAS! vos animamos a escoitar "A primavera" de Antonio Lucio Vivaldi (Un gran músico italiano que viviu entre 1678 e 1741). Que a disfrutedes!


venres, 20 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -3ª Edición-

Boas a Tod@s!

Hoxe traemos unha mala nova, pois lamentablemente España superou os 1.000 falecidos oficiais por Coronavirus. 

Isto nos debe animar a facer caso máis que nunca das obrigas e recomendacións da corentena: Estar na casa e extremar as medidas de hixiene. Xunt@s lograremos vencer este terrible virus Covid-19!

ÁNIMO FAMILIAS!

mércores, 18 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -2ª Edición-

Boas a tod@s!

FALAN DE NÓS!
Varios medios de prensa escrita e dixital veñen de facerse eco de que o noso cole segue activo durante a crise do Covid-19, publicando as iniciativas levadas a cabo polo equipo docente para non perder comba este curso (como este novo xornal, por exemplo).

Deixámosvos os enlaces ás novas:

-- LA VOZ DE GALICIA --

-- PONTEVEDRA VIVA --

martes, 17 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -1ª Edición -

Boas a tod@s!

Nestes días de corentena non todo ían ser malas novas, polo que estreamos o Xornal PONTE NOVAS! coa seguinte información publicada na interesantísima web GCiencia, Xornalismo e divulgación.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, ofrece á Xunta biólogos/as voluntarios para realizar a técnica da PCR (Reacción en Cadea da Polimerese) necesaria nos test de Coronavirus.
Inténtase deste xeito axilizar a diagnose e avanzar na desaparición da pandemia.

Estes biólogos teñen dende xa todo o respecto  do CEIP de Ponte Sampaio!
Bravo por eles!

--->NOVA PINCHANDO AQUí<----

NACE "PONTE NOVAS!" - XORNAL DIXITAL DO CEIP DE PONTESAMPAIO -

Bo día a tod@s!

Como tod@s sabedes, debido á declaración do estado de alarma no país, o colexio permanecerá cerrado ata novo aviso, pero iso non significa que o Ceip de Ponte Sampaio estea de vacacións nin moitísimo menos.

Unha das iniciativas creada para acompañarnos estes días de corentena é PONTE NOVAS!.

Que é PONTE NOVAS!? Pois é o novo Xornal Dixital Especial do Ceip de Ponte Sampaio.

A través deste blog de normalización da lingua galega do colexio, poderedes estar informados das últimas novas educativas e de actualidade.

Estade ben atent@s!


martes, 21 de xaneiro de 2020

Magosto de CINE

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio participou no tradicional magosto escolar que celebramos todos os anos.


Mentres o conserxe e os mestres preparaban as castañas asadas, os nenos/as realizaron diversos xogos populares deseñados especialmente para esta actividade. 

 

Para superar as diversas probas os rapaces e rapazas empregaron as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física e mental. Os mestres e as familias foron guiando todas as probas.


Despois dos xogos populares houbo unha degustación de castañas asadas e para rematar tiznáronse as caras con restos negros de cinza.


Por último, repartíronse diplomas de agradecemento ás familias colaboradoras...

 

 ...e entregamos os premios aos gañadores/as do concurso de cabazas do Samaín.

 


Deica a próxima!
Moi boas amig@s! Aquí estamos de novo para contarvos como foi a gran festa do Samaín do noso cole. 

A celebración comezou cunha actividade de contacontos de medo, organizada pola ANPA Virxe do Carmen.

Tamén, varios grupos formados por nenos e nenas de diferentes cursos, realizaron os seguintes talleres e obradoiros:
  • Un obradoiro de cociña, no que se elaboraron vasoiras de bruxa e caras de monstros.
  • Un obradoiro de maquillaxe no que os nenos e nenas pintaron as caras de bruxas, cabazas, esqueletos, morcegos...
  • Un taller de contos de medo no que cada un/unha deu renda solta á súa fantasía.
  • Un obradoiro de manualidades de medo.
  • Un obradoiro de curtas de cine de medo, aproveitando o proxecto do colexio deste ano.
  • O túnel do medo, que por sexto ano consecutivo fixo tremer de medo a todo o alumnado, dende os máis pequenos de infantil ata os maiores, que atopaban no seu decorrer un cemiterio, criaturas terroríficas, esqueletos, pasadizos...
  • A festa do medo, na que actuou o alumnado do centro con bailes, poemas en galego, español e inglés, contos de medo, conxuros...
  • Unha exposición de cabazas que realizaron nas súas casas con axuda das familias.
  • Tamén durante a festa, coa axuda do profe de música, cantamos todos xuntos un antigo éxito musical e xa popular no noso centro: “A pantasma de Vilar”
Algunhas fotos:




A celebración tivo a súa publicación na prensa:

NOVA

A gran festa tivo lugar o pasado 30 de outubro e foi todo un arrepiante éxito. Ata o ano que ven, SAMAÍN!

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN!


Con este atractivo titular damos comezo ó noso proxecto de centro para o curso 2019/2020, que nesta ocasión vai adicado ao cine.

Xa dende o primeiro día de clase, extendeuse unha gran alfombra vermella e escintilaron as luces para dar a benvida no novo curso aos protagonistas: alumnado, profesorado e a toda a comunidade educativa.

Ademais, unha gran figura do internacionalmente coñecido “Óscar” de Hollywood presidía a entrada do colexio o pasado mes de setembro.

A orixinal inauguración do curso escolar, foi publicada tamén en prensa:

NOVA

LUCES, CÁMARA e... ACCIÓN!