Buscar neste blog

martes, 31 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -9ª Edición-

BOAS A TOD@S!
Hoxe traemos unha mala nova, pois aumentan os
contaxios e falecidos na área sanitaria de Pontevedra. En concreto os falecidos ascenden a 8 e os contaxios aproxímanse a cuarta centena cun total de 366 positivos rexistrados.
As autoridades e os profesionais sanitarios insisten en que sigamos cumprindo a corentena para notar, esperamos xa que dentro de pouco, unha mellora nestas tráxicas cifras. 
Coma sempre, deixámosvos a fonte de onde se extraiu esta nova (Xornal dixital Pontevedra Viva)

Coidádevos moito!

sábado, 28 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -8ª Edición-

BOAS A TOD@S!
ÚLTIMA HORA!!
O Goberno paralizará a actividade non fundamental entre o 30 de marzo e o 9 de abril. Esta medida trata de provocar un descenso masivo do tránsito pola rúa, (similar ao que se rexistra as fins de semana), para que o número de infectados e de persoas graves nas UCIS dos hospitales do país descenda ó máximo posible. 
Debemos ter en conta que a día de hoxe, 28 de marzo de 2.020, España rexistra máis de 72.000 contaxiados, 5.690 mortes e 12.285 recuperados de Covid-19.
Dende o CEIP de Ponte Sampaio pregámosvos que continuedes cumprindo as recomendacións e as normas establecidas. E lembrade, irónicamente...
CANTO MÁIS AGUANTEMOS EN CASA, ANTES SAIREMOS!
MOITO ÁNIMO!!!

venres, 27 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -7ª Edición-

BOAS A TOD@S!
O xornal dixital Galicia Confidencial, ben de
publicar recentemente na súa sección científica unha interesante nova acerca da protección facial para combatir o Covid-19.
Trátase dun estudo realizado pola Universidade de Weimar (Alemaña), que adxunta un vídeo no que se pode apreciar con bastante claridade a diferenza que hai ao tusir ou esbirrar protexendo a cara con diferentes métodos. Os resultados non deixan lugar a dúbidas: esbirrade no brazo e poñede mascarillas!

Deixámosvos o enlace á nova e o vídeo en cuestión. 
Ánimo!
Abstand halten! – Wie sich Atemluft beim Husten verbreitet. Ein Experiment der Professur Bauphysik. from Bauhaus-Universität Weimar on Vimeo.

martes, 24 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -6ª Edición-

HOLA A TOD@S!

FALAN DE NÓS OUTRA VEZ! 

O programa A tarde da RTVG, a cargo de Antón Rebollido, recolleu as actividades que está a levar a cabo o colexio neste tempo de corentena. 
Para completar a información, entrevistaron á profe Silvia, que recordou algunhas rutinas diarias moi proveitosas para estes días en casa: crear bitácoras, afondar nos hábitos de hixiene, ler e escribir contos, facer exercicio físico e de relaxación, cociñar, xogar con crebacabezas, cantar cantigas, e moitas máis!
Deixámosvos aquí o vídeo co extracto do programa. Saúdos!

sábado, 21 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -5ª Edición-

BOAS A TOD@S!

E hoxe si que son boas novas! Danlle a alta hospitalaria ao primeiro paciente infectado con Coronavirus no Complexo Hospitalario de Pontevedra!
Trátase dun home de 45 anos que estivera en Madrid por cuestións de traballo, onde se sospeita que foi contaxiado. O paciente ingresou grave no servizo de Neumoloxía e tras recibir o tratamento correspondente xa non da positivo na proba de Covid-19, polo que pode marchar para casa. Noraboa a el e a todo o servizo médico!! Algúns deles o celebraron coa seguinte foto:
Membros do equipo sanitario celebrando a primeira alta por Coronavirus en Pontevedra
Fonte e nova completa: Pontevedra Viva

PONTE NOVAS! -4ª Edición-

BOAS A TOD@S!

Onte comezou oficialmente a primavera! Xa sabedes, a época do ano na que o clima comeza a ser máis agradable, florecen de xeito fermoso as plantas dos campos e cantan os paxaros ledas melodías. O periodo de corentena non pode ser impedimento para disfrutar deste máxico momento do ano, polo que dende PONTE NOVAS! vos animamos a escoitar "A primavera" de Antonio Lucio Vivaldi (Un gran músico italiano que viviu entre 1678 e 1741). Que a disfrutedes!


venres, 20 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -3ª Edición-

Boas a Tod@s!

Hoxe traemos unha mala nova, pois lamentablemente España superou os 1.000 falecidos oficiais por Coronavirus. 

Isto nos debe animar a facer caso máis que nunca das obrigas e recomendacións da corentena: Estar na casa e extremar as medidas de hixiene. Xunt@s lograremos vencer este terrible virus Covid-19!

ÁNIMO FAMILIAS!

mércores, 18 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -2ª Edición-

Boas a tod@s!

FALAN DE NÓS!
Varios medios de prensa escrita e dixital veñen de facerse eco de que o noso cole segue activo durante a crise do Covid-19, publicando as iniciativas levadas a cabo polo equipo docente para non perder comba este curso (como este novo xornal, por exemplo).

Deixámosvos os enlaces ás novas:

-- LA VOZ DE GALICIA --

-- PONTEVEDRA VIVA --

martes, 17 de marzo de 2020

PONTE NOVAS! -1ª Edición -

Boas a tod@s!

Nestes días de corentena non todo ían ser malas novas, polo que estreamos o Xornal PONTE NOVAS! coa seguinte información publicada na interesantísima web GCiencia, Xornalismo e divulgación.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, ofrece á Xunta biólogos/as voluntarios para realizar a técnica da PCR (Reacción en Cadea da Polimerese) necesaria nos test de Coronavirus.
Inténtase deste xeito axilizar a diagnose e avanzar na desaparición da pandemia.

Estes biólogos teñen dende xa todo o respecto  do CEIP de Ponte Sampaio!
Bravo por eles!

--->NOVA PINCHANDO AQUí<----

NACE "PONTE NOVAS!" - XORNAL DIXITAL DO CEIP DE PONTESAMPAIO -

Bo día a tod@s!

Como tod@s sabedes, debido á declaración do estado de alarma no país, o colexio permanecerá cerrado ata novo aviso, pero iso non significa que o Ceip de Ponte Sampaio estea de vacacións nin moitísimo menos.

Unha das iniciativas creada para acompañarnos estes días de corentena é PONTE NOVAS!.

Que é PONTE NOVAS!? Pois é o novo Xornal Dixital Especial do Ceip de Ponte Sampaio.

A través deste blog de normalización da lingua galega do colexio, poderedes estar informados das últimas novas educativas e de actualidade.

Estade ben atent@s!