Buscar neste blog

xoves, 27 de xuño de 2019

Antonio Fraguas, o neno de Loureiro.

Aquí vos deixamos a obra de teatro preparada polo alumnado de 1º para conmemorar o Día das Letras Galegas 2019 e que está inspirada na obra teatral que realizaron o CEIP Plurilingüe de Carballedo e o CEIP de Tenorio. 
Esperamos que vos guste!

martes, 21 de maio de 2019

Antonio Fraguas Fraguas





"Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio” esta frase é de Antonio Fraguas, o escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo  homenaxeado o Día das Letras Galegas neste 2019.
Antonio naceu o 28 de decembro de 1905 en Loureiro, unha pequena aldea do concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra.

Era un neno de aldea, vivía coa súa nai Teresa e coa criada Mamá Antonia, a muller que lle ensinou lendas e cantigas. Antonio só coñecía ao seu pai a través de cartas, pois este estaba emigrado no Brasil traballando de canteiro.
Cando Antonio tiña 7 anos o seu pai regresa para levar ao seu fillo para o Brasil e que este se convertera en maquinista de tren. Pero o destino fixo que o pai mudara de idea tras escoitar  “o neno vale para estudar “ da boca do seu mestre.
Grazas ao esforzo de toda a familia Antonio vai estudar o bacharelato a Pontevedra, onde é alumno de Losada Diéguez e  de Castela, mestres que pronto se decataron do potencial de Antonio.

Unha vez rematado o Bacharelato múdase a Santiago onde estuda a carreira de Filosofía e Letras e participa, xunto con outros intelectuais da época no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e nalgúns artigos da revista Nós.
En Santiago Antonio traballaba como mestre de instituto ,como profesor axudante na universidade e ademais  daba clases particulares.

No 1933 trasládase á Estrada onde é un profesor de instituto cunha pedagoxía moi innovadora. Ademais nesta época participa en política no Partido Galeguista e na defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia. Estes cargos fixeron que en 1936 cando comeza a Guerra Civil, fose duramente reprimido, quedando expulsado da docencia e perdendo os seus títulos.

Contan os veciños de Cotobade que moitas foron as veces nas que Antonio se escondía no monte por medo a que a garda civil o viñera prender.
Antonio tivo que renunciar a moitas das súas ideas por medo, ata que en 1950 recuperou o seu título de profesor, comeza a publicar de novo (aínda que a maioría de publicacións fosen en castelán) e é nomeado membro da Real Academia Galega.
Outros cargos importantes que tivo Antonio foron: formar parte da Sociedade de Lingua Portuguesa, ser director do Museo do Pobo Galego,  foi nomeado cronista oficial de Galicia e tamén pontevedrés do ano, participou na creación da  Academia Galega das Ciencias, formou parte da Sociedade de Lingua Portuguesa, entre outros.

Antonio morre o 5 de novembro de 1999 en Santiago de Compostela, pero deixounos un gran legado: a cultura galega.

martes, 30 de abril de 2019

Os Maios


Este martes o noso cole celebrou, por segundo ano consecutivo, a festa dos Maios.
Como xa sabedes, esta é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera. A festa ten lugar nos primeiros días do mes de maio, tempo no que xa abundan as flores, os fiúnchos...e outros elementos naturais cos que adornar o Maio.

Facer un Maio require dedicación tempo e esforzo, por iso, os días previos á celebración o noso alumnado,en colaboración coas familias, fixo unha recollida de fiúnchos, pampullos, margaridas, camelias, laranxas,ovos....Todos estes produtos trouxéronos ata a escola o día antes da celebración.
O martes pola mañá  todo o  alumnado abandonou as aulas para colaborar na montaxe do maio.
As nenas e nenos de primaria traballaron no ximnasio cosendo fiúnchos, laranxas, preparando os pampullos....etc. Mentres o alumnado de infantil dedicouse a elaborar as grinaldas de margaridas e pampullos.











Os mestres tamén tiveron que colaborar na decoración do Maio,así que esta festa implicou unha gran coordinación no noso cole.
Finalmente, cando todo estaba preparado, o alumnado de 5º   foi o encargado de poñerlle melodía a esta celebración  coa axuda das claves. Posteriormente todos cantaron arredor do Maio de Pontesampaio para celebrar a chegada da Primavera




Por último,  adiviñades que elemento do Maio ten relación  co noso proxecto O Camiño de Santiago? 
 Efectivamente a coroa do Maio é a Vieira máis famosa.


martes, 9 de abril de 2019

Superlíderes

14 ALUMNOS/AS DE 3º ACUDIRON HOXE Á SANTIAGO Á FINAL DOS SUPERLÍDERES, DELES 6 ALUMNOS/AS S COMPETIRON ESTA MAÑÁ POR SER SUPERLÍDERES E DÚAS ACADARON O GALARDÓN NA SÚA CATEGORÍA

 O certame, impulsado pola Consellería de Educación, tiña como obxectivo fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor

Máis de 80 escolares competiron en Santiago por ser Superlíderes na fase final do certame organizado con este nome pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no marco do Plan Eduemprende. O obxectivo do concurso era fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no espírito emprendedor.

Os nosos Superlíderes traballaron 6 competencias que practicaron e fortaleceron na aula: a motivación, o enxeño, a comunicación, a persuasión, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Nesta fase final, o Día dos Superlíderes, os seis alumnos/as defenderon en quendas de 3 minutos unha solución ao retos propostos, intentando demostrar as habilidades de improvisación e resolución inmediata mediante as habilidades de liderado obxecto deste programa.

O noso centro educativo recibiu dous premios individuais por rol (dos seis posibles): o superdirector e o supermotivador, que recaeron nas alumnas Aroa García e Andrea Fraguas, respectivamente. Logo a alumna Aroa García volveu defender o seu reto diante do todo o salón de actos coa Conselleira de Educación e os demais representantes da consellaría.

Foi unha gran experiencia para o alumnado, que leva traballando todo o curso nestas habilidades e todos se senten gañadores xa que todos participaron dunha experiencia novidosa e rica en experiencias. Os nenos/as fixeron distintas actividades na EGAP ao longo da mañá e despois da entrega de premios foron gratificados persoalmente pola conselleira de educación eles e a súa titora.


Queremos destacar a importancia do traballo de todo o grupo durante todo o curso coa última frase da "nosa superdirectora" que reflicte o sentir de todo o profesorado e alumnado: "Non quería rematar sen darlle as grazas a todos os meus compañeiros e compañeiras que achegaron as súas ideas e confían en min para esta tarefa e me apoian dende un principio, sen eles non sería posible que eu estivese hoxe aquí."
Sentímonos moi orgullosos de todos eles polo seu esforzo, dedicación e traballo en equipo.











 Preme na imaxe para acceder
  Preme na imaxe para acceder

  Preme na imaxe para acceder
Preme na imaxe para acceder



domingo, 3 de marzo de 2019

Chegou o Entroido


Durante toda a semana o alumnado, profesorado e familias do centro educativo estiveron gozando do Entroido na escola.

De luns a xoves, tiveron lugar diversas actividades como a visita de unha madama e un galán do entroido de Cobres o xoves, as pincomandas (comandas da nosa mascota de biblioteca para virmos un día en pixama, outro día cunha máscara...), obradoiros de máscaras de Entroido, obradoiro de cociña de filloas, lectura de contos, explicación dos distintos entroidos tradicionais de Galicia...

Hoxe pola mañá o CEIP de Ponte Sampaio festexou o seu tradicional festival do Entroido coa participación de toda a comunidade educativa.

O venres a primeira hora da mañá empezaron a chegar ao centro educativo os doces típicos da época da man das familias do alumnado e pouco a pouco o festival de Entroi

















do ía tomando forma coa colaboración de profesorado, alumnado e familias.

O festival desenvolveuse do seguinte xeito: primeiro tivo lugar o pregón de chegada do entroido, seguido do desfile de todo o alumnado do centro educativo presentado por unha rima alusiva ao seu disfrace, logo tivo lugar o xuízo e o testamento do noso meco (Don Inocencio), máis tarde a nosa tradicional corrida do galo do alumnado de Educación Infantil e xa para rematar a festa só queda o baile e e a degustación de doces típicos para toda a comunidade educativa.

Este festival dá por case rematado o entroido na nosa escola despois de toda unha semana de comandas na que a nosa mascota da biblioteca ía animando ao alumnado e profesorado e a traer algo significativo cada día. A celabración rematará no colexio o próximo luns día 11 co tradicional enterro da Sardiña.

martes, 26 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA


Hoxe celebramos o Día de Rosalía facendo unha pequena homenaxe á autora coa colaboración das familias. Aquí vos deixamos algúns vídeos da nosa celebración.






martes, 19 de febreiro de 2019

Roteiro de Infantil


O  xoves 14 de febreiro o  alumnado de 4 e 5 anos de infantil tivo a oportunidade de visitar a cidade de Pontevedra para facer o Roteiro Infantil, unha actividade patrocinada polo servizo de Normalizacióin Linguística do concello de Pontevedra.

Na  súa visita o alumnado recorreu lugares tan emblemáticos como a Praza da Estrela, a estatua de Valle Inclán, a Praza da Verdura, do Teucro....entre outros.

As actividades da saída resultaron de gran interese para o noso alumnado. A saída foi todo un éxito!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da visita! 






Roteiro Castelao


O pasado  xoves 7 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu ata a cidade de Pontevedra para realizar o Roteiro Castelao, unha actividade  realizada polo  servizo de Normalización Lingüística do Concello para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas. 

O recorrido do roteiro  segue os pasos de Castelao na boa vila, recordando aqueles espazos clave na vida do intelectual galego, que tivo a súa etapa máis polifacética nesta vila.   Ademais disto, puidemos coñecer outros lugares emblemáticos da cidade.

Na seguinte imaxe podedes observar o percorrido do roteiro e as súas paradas, así como algunhas imaxes da nosa saída.
















martes, 29 de xaneiro de 2019

DÁLLE Á LINGUA



Aquí vos deixamos o enlace da páxina Dálle á Lingua, un programa 

de Onda Cero Pontevedra no que participamos o pasado curso 

2017/2018 grazas ó Servizo de  Normalización Lingüística do 

Concello de Pontevedra