Buscar neste blog

martes, 9 de abril de 2019

Superlíderes

14 ALUMNOS/AS DE 3º ACUDIRON HOXE Á SANTIAGO Á FINAL DOS SUPERLÍDERES, DELES 6 ALUMNOS/AS S COMPETIRON ESTA MAÑÁ POR SER SUPERLÍDERES E DÚAS ACADARON O GALARDÓN NA SÚA CATEGORÍA

 O certame, impulsado pola Consellería de Educación, tiña como obxectivo fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor

Máis de 80 escolares competiron en Santiago por ser Superlíderes na fase final do certame organizado con este nome pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no marco do Plan Eduemprende. O obxectivo do concurso era fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no espírito emprendedor.

Os nosos Superlíderes traballaron 6 competencias que practicaron e fortaleceron na aula: a motivación, o enxeño, a comunicación, a persuasión, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Nesta fase final, o Día dos Superlíderes, os seis alumnos/as defenderon en quendas de 3 minutos unha solución ao retos propostos, intentando demostrar as habilidades de improvisación e resolución inmediata mediante as habilidades de liderado obxecto deste programa.

O noso centro educativo recibiu dous premios individuais por rol (dos seis posibles): o superdirector e o supermotivador, que recaeron nas alumnas Aroa García e Andrea Fraguas, respectivamente. Logo a alumna Aroa García volveu defender o seu reto diante do todo o salón de actos coa Conselleira de Educación e os demais representantes da consellaría.

Foi unha gran experiencia para o alumnado, que leva traballando todo o curso nestas habilidades e todos se senten gañadores xa que todos participaron dunha experiencia novidosa e rica en experiencias. Os nenos/as fixeron distintas actividades na EGAP ao longo da mañá e despois da entrega de premios foron gratificados persoalmente pola conselleira de educación eles e a súa titora.


Queremos destacar a importancia do traballo de todo o grupo durante todo o curso coa última frase da "nosa superdirectora" que reflicte o sentir de todo o profesorado e alumnado: "Non quería rematar sen darlle as grazas a todos os meus compañeiros e compañeiras que achegaron as súas ideas e confían en min para esta tarefa e me apoian dende un principio, sen eles non sería posible que eu estivese hoxe aquí."
Sentímonos moi orgullosos de todos eles polo seu esforzo, dedicación e traballo en equipo.











 Preme na imaxe para acceder
  Preme na imaxe para acceder

  Preme na imaxe para acceder
Preme na imaxe para acceder



Ningún comentario:

Publicar un comentario