Durante toda a semana o alumnado, profesorado e familias do centro educativo estiveron gozando do Entroido na escola.
De luns a xoves, tiveron lugar diversas actividades como a visita de unha madama e un galán do entroido de Cobres o xoves, as pincomandas (comandas da nosa mascota de biblioteca para virmos un día en pixama, outro día cunha máscara...), obradoiros de máscaras de Entroido, obradoiro de cociña de filloas, lectura de contos, explicación dos distintos entroidos tradicionais de Galicia...
Hoxe pola mañá o CEIP de Ponte Sampaio festexou o seu tradicional festival do Entroido coa participación de toda a comunidade educativa.
O venres a primeira hora da mañá empezaron a chegar ao centro educativo os doces típicos da época da man das familias do alumnado e pouco a pouco o festival de Entroi
do ía tomando forma coa colaboración de profesorado, alumnado e familias.
O festival desenvolveuse do seguinte xeito: primeiro tivo lugar o pregón de chegada do entroido, seguido do desfile de todo o alumnado do centro educativo presentado por unha rima alusiva ao seu disfrace, logo tivo lugar o xuízo e o testamento do noso meco (Don Inocencio), máis tarde a nosa tradicional corrida do galo do alumnado de Educación Infantil e xa para rematar a festa só queda o baile e e a degustación de doces típicos para toda a comunidade educativa.
Este festival dá por case rematado o entroido na nosa escola despois de toda unha semana de comandas na que a nosa mascota da biblioteca ía animando ao alumnado e profesorado e a traer algo significativo cada día. A celabración rematará no colexio o próximo luns día 11 co tradicional enterro da Sardiña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario