Buscar neste blog

martes, 30 de abril de 2019

Os Maios


Este martes o noso cole celebrou, por segundo ano consecutivo, a festa dos Maios.
Como xa sabedes, esta é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera. A festa ten lugar nos primeiros días do mes de maio, tempo no que xa abundan as flores, os fiúnchos...e outros elementos naturais cos que adornar o Maio.

Facer un Maio require dedicación tempo e esforzo, por iso, os días previos á celebración o noso alumnado,en colaboración coas familias, fixo unha recollida de fiúnchos, pampullos, margaridas, camelias, laranxas,ovos....Todos estes produtos trouxéronos ata a escola o día antes da celebración.
O martes pola mañá  todo o  alumnado abandonou as aulas para colaborar na montaxe do maio.
As nenas e nenos de primaria traballaron no ximnasio cosendo fiúnchos, laranxas, preparando os pampullos....etc. Mentres o alumnado de infantil dedicouse a elaborar as grinaldas de margaridas e pampullos.











Os mestres tamén tiveron que colaborar na decoración do Maio,así que esta festa implicou unha gran coordinación no noso cole.
Finalmente, cando todo estaba preparado, o alumnado de 5º   foi o encargado de poñerlle melodía a esta celebración  coa axuda das claves. Posteriormente todos cantaron arredor do Maio de Pontesampaio para celebrar a chegada da Primavera




Por último,  adiviñades que elemento do Maio ten relación  co noso proxecto O Camiño de Santiago? 
 Efectivamente a coroa do Maio é a Vieira máis famosa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario