O pasado venres día 18 de maio tivemos no colexio o obradoiro Díxome, Díxome subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
É unha xincana literaria de tradición oral para
os nenos/as de 1º e 2º ciclo de educación primaria.
As
probas desta xincana axudaron a descubrir o noso patrimonio e tradición oral:
refráns, trabalinguas, romances e cantares de cego, cantigas, xogos
lingüísticos..... Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron
que superar distintas probas de maneira cooperativa e rotatoria da man da
“Brigada do Saber Perdido”. O formato e a presentación da actividade foi común
aos dous ciclos de primaria, aínda que variaronn as probas, a dificultade e os
contidos lingüísticos.
Os obxectivos eran:
- Dinamizar o uso do galego na infancia a
través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en lingua galega: xogos
tradicionais e xogos novos.
E os cntidos xerais:
1. Recibimento. Explicación en círculo da
sesión. Distribución do gran grupo en tres subgrupos e presentación dramatizada
para contextualizar a presenza e motivar a participación.
2. Feirón con probas rotatorias que axudan a
descubrir o noso patrimonio tradicional oral: refráns, trabalinguas, romances,
cantares de cego...
3. Proba definitiva entre os tres grupos e
resolución da xincana.
A duración
foi de 90 minutos e foi impartido por Xandobela
Ningún comentario:
Publicar un comentario