Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º do CEIP de Ponte Sampaio participou nun obradoiro de Xoguetoloxía proposto polo Gabinete de Normalización Lingüísitica do Concello de Pontevedra.
Tratouse dun obradoiro de construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais: birlos, peóns, boliches, papaventos… que tiña os seguintes obxectivos:
- Promover o uso da lingua galega asociada ao xogo e á creatividade.
- Aprender a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos.
- Fomentar a creatividade e a autonomía.
Deste xeito os nenos/as estiveron traballando o pensamento diverxente e observando como con materiais pobres se podían facer grandes cousas, polo que nun primeiro momento, viron distintos materiais e houbo unha pequena chuvia de ideas sobre que uso alternativo se lles podía dar, e logo cada neno/a construíu o seu enredo para poder levar a casa.
Así, o noso alumnado xogou e experimentou coa súa ra corredora e logo fixeron carreiras con elas e agora aseguirán gozando e traballando na casa.








Ningún comentario:
Publicar un comentario