Buscar neste blog

martes, 21 de xaneiro de 2020

Moi boas amig@s! Aquí estamos de novo para contarvos como foi a gran festa do Samaín do noso cole. 

A celebración comezou cunha actividade de contacontos de medo, organizada pola ANPA Virxe do Carmen.

Tamén, varios grupos formados por nenos e nenas de diferentes cursos, realizaron os seguintes talleres e obradoiros:
  • Un obradoiro de cociña, no que se elaboraron vasoiras de bruxa e caras de monstros.
  • Un obradoiro de maquillaxe no que os nenos e nenas pintaron as caras de bruxas, cabazas, esqueletos, morcegos...
  • Un taller de contos de medo no que cada un/unha deu renda solta á súa fantasía.
  • Un obradoiro de manualidades de medo.
  • Un obradoiro de curtas de cine de medo, aproveitando o proxecto do colexio deste ano.
  • O túnel do medo, que por sexto ano consecutivo fixo tremer de medo a todo o alumnado, dende os máis pequenos de infantil ata os maiores, que atopaban no seu decorrer un cemiterio, criaturas terroríficas, esqueletos, pasadizos...
  • A festa do medo, na que actuou o alumnado do centro con bailes, poemas en galego, español e inglés, contos de medo, conxuros...
  • Unha exposición de cabazas que realizaron nas súas casas con axuda das familias.
  • Tamén durante a festa, coa axuda do profe de música, cantamos todos xuntos un antigo éxito musical e xa popular no noso centro: “A pantasma de Vilar”
Algunhas fotos:




A celebración tivo a súa publicación na prensa:

NOVA

A gran festa tivo lugar o pasado 30 de outubro e foi todo un arrepiante éxito. Ata o ano que ven, SAMAÍN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario