O pasado
xoves 7 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu ata a
cidade de Pontevedra para realizar o Roteiro Castelao, unha actividade realizada polo servizo de Normalización Lingüística do
Concello para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas.
O recorrido do roteiro segue os pasos de Castelao na boa vila,
recordando aqueles espazos clave na vida do intelectual galego, que tivo a súa
etapa máis polifacética nesta vila. Ademais
disto, puidemos coñecer outros lugares emblemáticos da cidade.
Na seguinte imaxe podedes observar o
percorrido do roteiro e as súas paradas, así como algunhas imaxes da nosa
saída.
Ningún comentario:
Publicar un comentario