Por fin chegou o
magosto unha das festas máis esperadas ! Aínda que este ano o magosto no cole veu con novidades ! Nesta ocasión
contamos coa colaboración das familias para facer os xogos populares mentres agardábamos polas ricas castañas
asadas!
Os xogos
populares comezaron á hora do recreo, libremente o alumnado foi rotando polos
diferentes xogos. En cada un dos postos había familiares que realizaban xogos
tradicionais e lle explicaban como xogar.
Tivemos carreiras
de sacos
Xogos con carozos
A billarda
Os zancos
A mariola
As chapas
O Aro
Tamén xogamos ás “canicas”,
coa goma e ó marro.
Despois de tanto
xogar, estábamos preparados para tomar e saborear as castañas asadas, cada unha
das clases elaborou recipientes do máis orixinais para recoller as castañas.
Por último, cando
as cinzas e o carbón estaban fríos, “enfarruscámonos” as caras e as mans, moi poucos se salvaron!
Ata as mestras e mestres remataron “enfarruscados”!
Ningún comentario:
Publicar un comentario