Buscar neste blog

domingo, 19 de maio de 2024

sábado, 18 de maio de 2024

 Como cada ano celebramos no centro a Semana das Letras Galegas, este ano dedicado a Luísa Villalta.

Comezamos a semana anterior facendo actividades en infantil, para preprar o día da celbración.  No mural do pasillo tiñamos colocadas distintas actividades para realizar nas aulas durante esta semana.

En infantil comezamos así.




mércores, 1 de maio de 2024

 E outra vez máis, como non, chegou o mes de maio, e con él as celebracións no centro.

Este ano o proxecto do centro "Ponte coas olimpíadas" supuxo para nos un reto para decorar o maio, aínda así, como un gran equipo que somos, conseguímolo, e aquí vos deixamos unha mostra do bonito que nos quedou.







 

domingo, 3 de marzo de 2024

 Benvid@s  de novo ao blogue  do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O venres 23 de febreiro estivemos a festexar no cole o Día de Rosalía, como se nos fixo pouco un día, seguimos durante toda a semana pasada, para iso tiñamos unha serie de actividades no taboeiro para poder indagar máis sobre unha das nosas escritoras máis ilustres.

Aquí vos deixamos unha mostra 




mércores, 28 de abril de 2021

DÍA DA PAZ

 Boas a tod@s!

O Día da Paz do 2021 estivo centrado no proxecto deste curso no colexio, e levou por lema "Viaxando por un mundo en PAZ"

Para celebralo, todo o alumnado do colexio adicou un vídeo a un premio Nobel da Paz, que podedes ver a continuación:

 

Tamén aprendemos a canción "Tutira Mai Nga Iwi" de Nova Zelanda, da que vos deixamos a letra:

"TUTIRA MAI NGA IWI

TATOU TATOU E

TUTIRA MAI NGA IWI

TATOU TATOU E

WAHIA TE MARAMA TANGA

META AROHA

NGA IWI

KIA TAPA TAHI, KIA KO TAHI RA

TATOU TATOU E"


NADAL

 A situación de pandemia por Covid-19 impediunos celebrar o tradicional festival de Nadal e panxoliñas, mais non puido co concurso de postais que, coma sempre, estivo moi reñido. 

Deixámosvos as postais gañadoras:

Tamén podedes consultar na web da Biblioteca: BIBLIOPINCO as recomendacións lectoras para estas festas. Botádelle un ollo, e ata o ano que ven!

25 N

  A nosa escola é un lugar comprometido coa educación en valores, igualitaria e que rexeita por completo calquera tipo de violencia. Non podía ser doutra forma xaquelogo, que como cada curso se realizaran numerosas actividades que lle deran visibilidade ao 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. 

Deixámosvos 2 murais realizados polo alumnado do centro: